COORDINACIÓN DO PROGRAMA NOITES ABERTAS
Concellaría de Xuventude-Concello de Pontevedra
Casa Azul, rúa de Sor Lucía, 2, 3º
36002 Pontevedra
Tel. 986 840 367 Tel. fax 986 846 145
xuventude@pontevedra.eu
www.noitesabertas.com
www.xuventude.pontevedra.eu
www.facebook.com/noitesabertas


Cousas que tes que saber sobre as actividades

AVISOS IMPORTANTES

* Inscrición previa chamando á coordinación de Noites Abertas ao 986 840 367 (de 9 a 15 h.) ou en xuventude@pontevedra.eu. En caso de choiva, a organización cambiará a data da actividade. Consúltaa.

** Roupa cómoda e calzado deportivo.

*** Leva unha esteira en masaxe, patíns en patinaxe e roupa cómoda. Se non tes non o merques, a organización dispón dalgún material.

**** Roupa deportiva e sen cremalleiras. Importante uñas curtas. Non levar gafas.

***** Levar cámara fotográfica dixital. Inscrición previa chamando á coordinación de Noites Abertas ao 986 840 367 (de 9 a 15 h.) ou en xuventude@pontevedra.eu. En caso de choiva, a organización cambiará a data da actividade. Consúltaa.

****** Levar instrumento, cables e/ou baquetas.

• De balde:todas as actividades son gratuítas.Prazas dispoñibles: algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.

• Inscrición previa: algunhas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude: observación astronómica, RutArte, Pontevedra: ruta da fantasía, Pontevedra Exprés: vive a aventura, ruta nocturna polo Gafos, monólogos (se queres actuar) e a excursión á skate-praza.

• Debes levar...: fíxate nos * da actividade, establecen avisos importantes do que tes que saber antes de acudir.

• As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 35 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de 16 (descobre o teatro por dentro, introdución ao teatro e improvisación, monólogos, papiroflexia, bonsais artificiais, costura, judo e defensa persoal, graffacólitos, autodefensa para mozas, curtas co móbil, coiro, fimo, masaxe tailandesa, bailes agarrados, obradoiros de sexualidade.) ou a maiores de 18 anos (certame de erotismo, risoterapia e Pontevedra Exprés: vive a aventura).

CARNÉ DE SOCIO/A

Fai o teu carné de socio/a de Noites Abertas, non é requisito para entrar nas actividades pero permíteche participar nos sorteos (bonos de libros, camisetas, sudadeiras e mandís) ademais de obter información de primeira man sobre as actividades que organiza o Concello de Pontevedra para a mocidade ao longo de todo o ano.


1º CERTAME DE EROTISMO

Modalidades: fotografía, poesía e conto.

Bases específicas: www.noitesabertas.com ou na Oficina de Xuventude.

Lugar e prazo de presentación: na Oficina de Xuventude ata o 12 de abril de 2011. Entrega de premios: 6 de maio de 2011 e inauguración da exposición no Local de Música.