

Programa de actividades
AVISOS IMPORTANTES
* Inscrición previa chamando á coordinación de Noites Abertas ao 986 840 367 (de 9 a 15 h.) ou en xuventude@pontevedra.eu. En caso de choiva, a organización cambiará a data da actividade. Consúltaa.
** Roupa cómoda e calzado deportivo.
*** Leva unha esteira en pilates matt, danza contact, masaxe tailandesa e relaxando corpo e mente, ademais de roupa cómoda.
**** Leva patíns e protectores en patinaxe e hockey patíns.
***** Leva cámara fotográfica dixital ou móbil con cámara. Inscrición previa chamando á coordinación de Noites Abertas ao 986 840 367 (de 9 a 15h.) ou en xuventude@pontevedra.eu. En caso de choiva, a organización cambiará a data da actividade. Consúltaa.
****** Leva instrumento, cables e/ou baquetas.
******* Leva cámara fotográfica dixital con opción manual do "tempo de exposición". Se se dispón de trípode e disparador, convén traelo.
******** Roupa de abrigo e calzado para auga. Inscrición previa chamando á coordinación de Noites Abertas ao 986 840 367 (de 9 a 15 h.) ou en xuventude@pontevedra.eu. En caso de choiva, a organización cambiará a data da actividade. Consúltaa.
COUSAS QUE TES QUE SABER SOBRE AS ACTIVIDADES
De balde: todas as actividades son gratuítas.
Prazas dispoñibles: a algunhas actividades teñen límite no nº de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.
Inscrición previa: unhas poucas actividades requiren inscrición previa na Oficina de Xuventude. ruta "unha noite no muíño", observación astronómica, RutArte, Pontevedra ruta da fantasía, Pontevedra Exprés: vive a aventura e a excursión á skate-praza.
Debes levar... fíxate nos * da actividade, establecen avisos importantes do que tes que saber antes de acudir á actividade.
As idades: respecta as idades ás que van orientadas. Todas as actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 30 anos, agás as que se dirixen a mozos/as maiores de:
• 14 anos (tiro con arco, obradoiro de cociña, cociña árabe e cócteles sen alcol, cociña para visitas, danza moderna, fotografía e lomografía, fotografía urbana nocturna e Light Painting, fotografía química e procesos históricos, "Descobre o teatro por dentro").
• 16 anos (rutarte, safari fotográfico "A Moureira enlouquecida", Furoshiki bolsos sen costuras, coiro, "60 segundos para gañar", masaxe tailandesa, danza contact, charla "Proxectos Earth Create + Manual de Upcyclig + Ropa Vieja", inglés para viaxar, relaxando corpo e mente, teatro dende o xogo, noite das verbas: xogos con palabras, Ti si que vales, "Descobre o teatro por dentro" e representación de "0,7% Molotov").
• 18 anos (certame de erotismo, risoterapia e Pontevedra Expréss: vive a aventura).